William Stoner nace no seo dunha familia labrega de Missouri. Envíano a estudar Agronomía á universidade, pero alí descobre a literatura, da que se namora e á que decide dedicar a súa vida como profesor. Co paso dos anos acumúlanse as decepcións deste antiheroe existencial: o seu casamento afástao dos pais, a súa carreira estáncase, a muller e filla distáncianse del, e un novo amor ameaza con converterse nun escándalo.